Residencias e hoteis con desconto para asistentes ao Congreso

Consulta aquí as opcións de aloxamento dispoñíbeis nos días do Congreso, incluíndo residencias universitarias e hoteis con tarifas especiais para participantes.
Nesta sección atoparás información detallada sobre as diferentes opcións de aloxamento dispoñibeis durante os días do Congreso en Santiago de Compostela. A organización acordou tarifas especiais con varias residencias universitarias e hoteis da cidade. Recomendamos reservar con antelación para asegurar praza e beneficiarte dos descontos negociados. Consulte a continuación as condicións, procedementos e prazos de reserva.

Residencias universitarias

O Servizo Universitario de Residencias da USC a día 4 de xuño de 2025 ten dispoñíbeis os seguintes cuartos coas seguintes tarifas:


Residencia universitaria Monte da Condesa
Edificio Monte da Condesa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
Teléfono: (+34) 881 813 531
• 14 cuartos individuais
• 3 cuartos dobres

Residencia universitaria Burgo das Nacións
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
Teléfono: (+34) 881 811 952
• 5 cuartos individuais
• 7 cuartos dobres

Prezos xerais (incluído 10 % IVE):
• cuarto individual, 33 €
• cuarto dobre, 53 €
Prezos para estudantes (incluído 10 % IVE):
• cuarto individual, 22 €
• cuarto dobre, 33 €.

Procedemento para solicitalas: as persoas interesadas deben enviar un correo á dirección do congreso congreso.ff50@usc.es indicando tipo e número de cuartos, datas e nome das persoas ocupantes. No caso de solicitar cuartos como estudantes, débese xuntar a documentación que o acredite. A organización do congreso fará a reserva no SUR e remitirá unha ligazón ao/á solicitante para que complete a solicitude e realice o pagamento.


A modificación ou cancelación da reserva realizada e aboada polo/a ocupante da praza deberá solicitarse cunha antelación mínima de 7 días antes da entrada na residencia ou colexio maior. As cancelacións e modificacións das reservas deberán ser comunicadas ao SUR, enviando un correo electrónico ao enderezo sur@usc.es.

Hoteis

A organización do congreso acordou cos seguintes hoteis da cidade as seguintes tarifas:

Hotel Costa Vella
C/ Porta da Pena, 17
15704 – Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: (+34) 981 56 95 30
Fax: (+34) 981 56 95 31
e-mail: hotelcostavella@costavella.com
O hotel Costa Vella puxo a disposición do congreso os seguintes cuartos:
• 3 cuartos individuais, aloxamento e almorzo: 65 € IVE incluído
• 3 cuartos dobres, aloxamento e almorzo: 75 € IVE incluído
Ao facer a reserva débense indicar as datas e o nome do congreso.

Hotel A Tafona do Peregrino
Virxe da Cerca, 7
15703-Santiago de Compostela
Teléfono: (+34) 981 56 89 23
Fax: (+34) 981 57 46 20
e-mail: info@atafonadoperegrino.com
• Cuarto dobre uso individual, aloxamento e almorzo: 65.97 € IVE incluído
• Cuarto dobre uso dobre, aloxamento e almorzo: 85.60 € IVE incluído
Ao facer a reserva débense indicar as datas e o nome do congreso.

Hotel Altaïr
Rúa Loureiros, 12
15704 – Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: (+34) 981 55 47 12
Fax: (+34) 981 55 47 12
Email: info@altairhotel.net

Hotel Moure
C/ Loureiros, 6
15704 – Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono: (+34) 981 58 36 37
Fax: (+34) 981 56 82 83
info@mourehotel.com
Accedendo á páxina web de cada hotel, débese facer a procura introducindo o código para o congreso que se indica a continuación: as opcións dispoñíbeis aparecerán cun 10 % de desconto sobre as tarifas xerais. Tamén se pode facer a reserva por teléfono ou correo electrónico, identificándose como asistentes ao congreso.
O código para o congreso é: FILOLOXIA

Eurostars Gran Hotel Santiago de Compostela
Avenida Maestro Mateo, 27 Santiago de Compostela
15706 España
Teléfono: (+34) 981 53 42 22
Fax: (+34) 981534223
Accedendo á páxina web da compañía para o hotel Eurostars Gran Hotel Santiago de Compostela, débese facer a procura introducindo o código para o congreso que se indica a continuación: as opcións dispoñíbeis terán un 15 % de desconto sobre as tarifas xerais.
O código para o congreso é: CUFXXI
Do 25 ao 29 de novembro
Límite para reservar: 26.10.2025

Desde a Oficina de turismo de Santiago de Compostela podedes ademais acceder a toda a oferta de aloxamento da cidade.