Como chegar
Como chegar á cidade
As persoas que empreguen o avión como transporte chegarán ao aeroporto Rosalía de Castro, que está conectado coa cidade por autobús urbano coa liña 6A (o prezo é de 1€) e taxi (a tarifa estipulada até o centro de Santiago é de 23€).
As persoas que cheguen en tren ou en autobús arribarán á Estación Intermodal Daniel Castelao. A estación está próxima ao centro da cidade, mais atópase a uns 35 minutos a pé da facultade. Na estación é posíbel coller taxis e tamén hai paradas de autobús urbano próximas.
Como chegar á sede do congreso
O congreso terá lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Avda. de Castelao, s/n (https://maps.app.goo.gl/SyHyV39g3rHq1hpj6).
Dende o centro da cidade, a sede do congreso atópase a 25-30 minutos a pé.
As liñas de autobús urbano que levan ata a Facultade son a 5 (cada 20 minutos) e a 15 (cada 22 minutos), e pódense coller na Praza de Galicia. As paradas máis próximas á Facultade son Avda. Castelao (xornalismo) e Burgo das Nacións (Auditorio de Galicia). As mesmas liñas pódense coller para volver cara ao centro da cidade.
Para as persoas que decidan empregar o seu vehículo privado, tanto na Facultade de Filoloxía como nas inmediacións do edificio é posible atopar estacionamento de balde.