Congreso Internacional

Unha Filoloxía para o Século XXI

Santiago de Compostela
26–28 de novembro de 2025

Congreso Internacional
Unha Filoloxía para o Século XXI

Pasado, Presente e Futuro
Linguas, Literaturas e Culturas

Santiago de Compostela
26–28 de novembro de 2025

No marco das actividades conmemorativas do quincuaxésimo aniversario da súa fundación, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza un congreso que terá lugar nas súas instalacións durante os días 26, 27 e 28 de novembro de 2025, na modalidade presencial.

Este congreso acollerá diferentes tipos de actividades. Dúas delas —conferencias plenarias e unha mesa redonda— correrán a cargo de persoas convidadas. As outras —comunicacións, paneis e presentación de pósters— serán sostidas por todas aquelas persoas que nos envíen as súas propostas, que serán avaliadas polo comité científico do congreso.

Chamada de traballos

Neste encontro reflexionarase sobre a filoloxía que se está a facer nos nosos días e tamén sobre o que o que cabe esperar da filoloxía que se faga nas próximas décadas. O debate xirará ao redor de tres grandes cuestións:

  1. Narrativas, culturas e sociedades. A linguaxe é unha actividade humana que se materializa en linguas diferentes producidas por comunidades diversas que dotan a humanidade da súa característica pluralidade cultural. A literatura expresa ideas e emocións que, emanando das persoas que a fan, poden contemplarse e estudarse tamén desde a perspectiva da identidade cultural das comunidades en que esas persoas están insertas. Ao igual que a literatura, moitos outros tipos de narrativas son elaboradas e transmitidas con esa finalidade. Que relación dialéctica se está a dar hoxe entre esta diversidade lingüística e cultural e as forzas culturalmente estandarizadoras? Como as narrativas condicionan os modos de ver o mundo e intervir nel?
  2. Filoloxía e tecnoloxías da información e a comunicación. No noso inmediato presente e no futuro próximo, que usos debe facer a filoloxía das tecnoloxías da información e a comunicación que están revolucionando o mundo desde o tramo final do século XX? Que uso está xa a se facer deles na actualidade? Esas tecnoloxías de que forma aparecen como recursos que poden salientar aínda máis a necesidade do papel axencial da filoloxía e do seu potencial reflexivo, interpretativo, explicativo?
  3. Filoloxía e transdisciplinariedade. A filoloxía do futuro non se pode encerrar no seu exclusivo reduto de saberes e métodos, senón que se ten que abrir á colaboración con outras ciencias humanas, sociais, naturais e formais ou “exactas”. Na realidade, a filoloxía veuse facendo durante séculos coas portas abertas a outras disciplinas humanas ou sociais. Talvez o que cómpre pensar agora é como debe ser a súa relación cos tipos de ciencias ás que menos se ten aberto no pasado: as naturais e as formais.

Modalidades de participación

As persoas interesadas poderán participar no congreso presentando unha comunicación (20 minutos para a presentación e 10 minutos para o debate),
un panel (mínimo 2, máximo 4 persoas), un póster académico ou como asistentes.

As linguas das comunicacións, paneis ou pósters poderán ser en calquera unha das que se estudan na facultade: alemán, catalán, español, francés, galego, inglés, italiano, portugués e romanés.

Para participar con comunicación, panel ou póster será preciso enviar, até o 30 de xuño 20 de xullo de 2025, un resumo de 250-300 palabras (na lingua seleccionada para a comunicación, panel ou póster e en inglés), xunto cunha breve nota bio-bibliográfica (ao redor de 100 palabras e na mesma lingua da intervención), a través do formulario dispoñíbel en https://pretalx.com/ffiloloxia50anos/cfp.

A participación require inscrición obrigatoria con diferentes taxas segundo a modalidade:

  • Ordinaria: Profesionais, profesorado permanente / laboral (con comunicación): 125 €
  • Reducida 1*: Profesorado a tempo parcial e investigadores/as (con comunicación): 100 €
  • Reducida 2*: Estudantado (Grao, Máster e Doutoramento) con comunicación: 50 €
  • Reducida 3*: Asistentes sen comunicación: 50 €
  • Reducida 4*: Estudantado sen comunicación: 25 €
  • Reducida 5*: Estudantado do Sistema Universitario Galego sen comunicación: 15 €

*Para acollerse ás taxas reducidas será necesario acreditar a condición requirida en cada caso.

Expedirase un certificado para as persoas inscritas no congreso.
Poderase obter créditos de libre elección pola participación no congreso.

Datas importantes

  • Apertura de inscricións: 15 de abril de 2025
  • Peche de inscricións: 20 de xullo de 2025
  • Notificación de aceptación: 31 de xullo de 2025
  • Datas do congreso: 26, 27 e 28 de novembro de 2025

Publicación

Tras a realización do congreso, prevese a publicación dunha selección das propostas presentadas.

Organización

Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

Dirección

Rosa Marta Gómez Pato

Comité organizador

César P. Domínguez Prieto

Margarita Estévez Saa

Mª Paula Santalla del Río

Ramón Mariño Paz

Comisión Executiva

Caterina Chinellato

Clara Macarena Ponce Romero

Marcos Amado Rodríguez

Marcos Dieste Trillo

Nuria García García

Sara Pardo Prado

Sonia García Muñoz

Comité Científico

Ana Fernández Dobao (University of Washington)

Carmen Gómez García (Universidad Complutense de Madrid)

David Porcel Bueno (Universidad de Granada)

Dolors Sabaté Planes (Universidade de Santiago de Compostela)

Elvira Fidalgo Francisco (Universidade de Santiago de Compostela)

Francisco Fernández Rei (Universidade de Santiago de Compostela)

Gulbakhor Eshchanova (Urgench State University)

Helena de Carlos Villamarín (Universidade de Santiago de Compostela)

Ignacio M. Palacios Martínez (Universidade de Santiago de Compostela)

Isabel Barros Dias (Universidade Aberta de Portugal)

José M. García-Miguel (Universidade de Vigo)

Laurence Malingret (Universidade de Santiago de Compostela)

M.ª Dolores Laura Pino Serrano (Universidade de Santiago de Compostela)

M.ª Isabel Morán Cabanas (Universidade de Santiago de Compostela)

María José Rodríguez Espiñeira (Universidade de Santiago de Compostela)

Norbert Bachleitner (University of Vienna)

Tamilla Mammadova (Azerbaijan University of Languages)

Xosé Afonso Álvarez Pérez (Universidad de Alcalá de Henares)

Sede do Congreso

Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela